domingo, marzo 02, 2008

A concesión saiulles rana

Allariz. Sábado 1 de Marzo ás 18:30. O pobo está paralizado polo mitín do bloque no recentemente reformado Pavillón Municipal de Deportes. Mentres, na milla de ouro do casco antigo, un desorbitado volumen musical innunda as apacibles rúas da zona histórica. Comeza a soar I Get Around dos Beach Boys, seguido do Hotel California. A xente que se atopa no interior do museo galego do xoguete acude atónita á última venada do centro social. Nunha batalla de decibelios contra o local dos Antikabaleiros, o fillo do conchito ameaza con sacar os altavoces á rúa. Finalmente o centro social pon dous bafles, un en cada balcón e veña caaaaañññaaa. Os clientes de Adolfo Domínguez flipan, mentres, a música segue soando cada vez máis alta. Ás 19:00 chegan as forzas da orde e dan por clausurada a guerra. Por sorte para o xerente do local, pra cando chegaron os locais sonaba New Kid in Town e xa rematara a catarsis do solo final de guitarras a varias voces do Hotel California. Xa veremos como acaba todo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pufff, cuanto me reí cuando vi esto, además lo cuentas muy bien. Qué capullo, lo que hubiese pagado por ver al Gustavoshka todo loco con Hotel California. JAJAJA

Nos vemos Brother

Anónimo dijo...

Sei dunha empresa que traballa para evitar estes temas, unha boa ordenaza e listo jejeje...

Anónimo dijo...

eiiiiiiii o venres tamén sonaba hotel california por alí...jajaja
un bikiño moi grande!