
Preguntarédesvos a que ven esto, pois vai a que hoxe reflexionei sobre o Bigotes e sobre a xente que o leva. Cando lle preguntas a un home por qué o leva, a resposta case sempre é unánime, que si foi na mili, que si estaba de moda, que se sempre o levou e que non se fai a estar sin il. E é que non hai un cambio máis chamativo na imaxe dunha persoa. Quen non recorda o afeitado de bigote dun ser querido.
E todo esto ven a que hoxe un amigo me dixo que ía por unha canción de Queen. O primeiro que dixen, joder ten tela, creo que Freddie Mercury foi e será a única gran estrela do rock que tiña mostacho. Algúns din que si por modas, que se porque tiña uns dentes moi grandes. Fixo unha imaxe forte e en parte triunfou por eso, por ser un Bigotes.
Nota: Charly García, rockero arxentino tamén é un bigotudo, pero non o podo considerar unha estrela planetaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario