O productor e artista francés Philippe Cohen Solal, máis coñecido por ser o cerebro de Gotan Project (aquel fenómeno que para sorpresa de moitos foi un éxito rotundo de crítica e público), ven de grabar unhas cancións en Tennessee con artistas da escena country e outros. O disco chama a atención polo coidado que está feito todo. Un disco de country moi bo. Destaca notablemente unha fermosa versión da coñecidísima Dancing Queen dos suecos ABBA. Unha non ruptura co que temos escoitado ata o momento. Semella que este home trata de meter na súa testa as músicas máis persoais do planeta. Electrónica, tango, country, todo é música, todo é arte. En Outubro poderemos escoitar o disco completo. Din que era un soño ou un fetiche persoal de Philippe Cohen. Graba con Melonie Cannon, Sam Bush, Bucky Baxter. Agora que podes, fai o que desexes. miércoles, septiembre 26, 2007
O productor e artista francés Philippe Cohen Solal, máis coñecido por ser o cerebro de Gotan Project (aquel fenómeno que para sorpresa de moitos foi un éxito rotundo de crítica e público), ven de grabar unhas cancións en Tennessee con artistas da escena country e outros. O disco chama a atención polo coidado que está feito todo. Un disco de country moi bo. Destaca notablemente unha fermosa versión da coñecidísima Dancing Queen dos suecos ABBA. Unha non ruptura co que temos escoitado ata o momento. Semella que este home trata de meter na súa testa as músicas máis persoais do planeta. Electrónica, tango, country, todo é música, todo é arte. En Outubro poderemos escoitar o disco completo. Din que era un soño ou un fetiche persoal de Philippe Cohen. Graba con Melonie Cannon, Sam Bush, Bucky Baxter. Agora que podes, fai o que desexes. domingo, septiembre 23, 2007
Patrick Wolf

Se cando digo que o ano 83 foi un bo ano é por algo. Pra moitos será un bicho raro, outros opinarán que é un xenio, algúns dirán que é unha moda. Como sempre digo, unha pouquiña de curiosidade. Ánimo e a escoitalo. PATRICK WOLF. Londinense multinstrumentista, polifacético. En definitiva, un artista.
martes, septiembre 04, 2007
Le Bombardier marocain
Despois de 119 victorias, non puido darlle o seu merecido a Jack La Motta para revalidar o campionato do mundo que anteriormente gañara. O destino quixo que se namorase de Edith Piaf. O destino quixo que o seu avión desaparecese na illa portuguesa de São Miguel (Açores).
In memoriam Marcel Cerdán
sábado, septiembre 01, 2007
Townes Van Zandt
"Townes Van Zandt es el mejor escritor de canciones del mundo, y me plantaré sobre la mesa de café de Bob Dylan con mis botas de vaquero para decirlo" (Steve Earle) Nacido baixo a sombra xigantesca de pozos petrolíferos Townes Van Zandt foi un máis que notable poeta e cantante folk norteamericano. Este ano cúmplense dez anos do seu pasamento.
viernes, agosto 31, 2007
Os Waterboys en Salamanca
Mira que hai cidades en España e grupos que poden tocar. Pero xustamente tívose que dar unha vez máis a conxunción Waterboys - Salamanca. Aínda non transcurriron nin 24 horas dende que escribín o post anterior e teño que recoñecer que sigo soprendido pola casualidade que me rodea entorno a esta gran canción. O destino quixo que fai dúas horas me chamase a miña amiga María Rosa para convidarme a pasar unha fin de semana en Salamanca. O Venres 7 de Setembro. Actúan os Waterboys na praza maior ás 22:30. A praza máis espectacular do mundo. Alí estarei. Vémonos.
Unicorns and Cannonballs
Hoxe mentres voltaba do traballo tiven a sorte de poder observar o bonita que estaba a lúa. Xa fai tempo que cando a vexo así lembro unha canción dos Waterboys. Nin que dicir que xa saberedes de cal falo. De feito xa lle adiquei un día un post neste blog. Algo extraño. The whole of the moon. Anos 85. Mike Scott está coa súa moza nun hotel de Nova Iorque, mentres falan, a súa amada pregúntalle se escribir unha canción é difícil. Él responde que non. Ela rétao e xuntos baixan ata ao piano que está na parte baixa do hotel. Esa noite había unha lúa como a de hoxe. Mike comezou a alabar todas as virtudes que vía no seu amor, coa lúa sempre coma testemuña daquel instante. I pictured a rainbow you held it in your hands... Siguen a tocar e sae o que sería a idea da canción . Ela sempre vai un paso por diante. Mentres él ten os pes no chan, ela é capaz de surcar os ceos. Él ve un val desértico, ela ve Brigadoon (esta é a miña frase preferida) You saw Brigadoon. Qué maravilla de película. E o certo é que lle debo moito a esta canción.
Adico hoxe este post á miña amiga María Rosa que está estes días de exames. "Disfrútala como el primer día".
Mike Scott, acompañado por Vinnie Kilduff, interpretando The Whole of the Moon para os cativos dunha escola irlandesa no ano 1987.
Adico hoxe este post á miña amiga María Rosa que está estes días de exames. "Disfrútala como el primer día".
Mike Scott, acompañado por Vinnie Kilduff, interpretando The Whole of the Moon para os cativos dunha escola irlandesa no ano 1987.
miércoles, agosto 29, 2007
Tim Reynolds
Xa era hora de que chegase o video ao blog. Imos ver un que atopei por you tube no cal o gran Tim Reynolds fai unha preciosa revisión dunha canción de Peter Gabriel, "In your eyes". 100 % recomendado. Por certo. A tódolos que amades o xa clásico Dave Matthews & Tim Reynolds "live at luther college", sabede que se xuntaron de novo fai pouco. De dito encontro saiu un novo traballo con 27 diamantes chamado Live at Radio City Music Hall.
lunes, agosto 27, 2007
domingo, agosto 26, 2007
Chao do Prao
Domingo 26 de Agosto. A festa da Istoria de Ribadavia xa pasou á historia. Qué preguiza ter que erguerse ás 9 da mañán pra ir ao Courel. Paga a pena polo que di o compañeiro Bobillo. Dirixímonos a Vilardesilva. Terra da que procede algunha que outra alaricana histórica. Concello de Rubiá, pegadiños ás Médulas. Grazas ás inclemencias do tempo hai algunha que outra baixa na expedición o que nos deixa sitio libre a min e ao meu irmán. Saímos ás 10:30. Aínda non sabemos o que nos imos atopar. Tan só que imos á casa do irmao da Ludi. Paco. Artista e mestre do Clown que triunfa internacionalmente e que ten como sede principal a cidade de Berlín. Na súa casa Chao do Prao está a desenvolver un Workshop con artistas de todo o mundo. Franceses, alemáns, galegos, italianos e do Brasil, ... Atópome de súpeto nunha nube na que se respira o arte por tódolos recunchos. Unha trapecista, un acordeonista, clowns, actores. Unha comunidade internacional de arte. Xa levan unha semana de traballo e aínda lle quedan dúas. Polo medio, con sorte, e se os nosos políticos (inmersos no espellismo do ladrillismo e de La Vuelta Ciclista) dan unha oportunidade á cultura de calidade e auténtica, poderémolos ver actuando en Allariz.
lunes, julio 30, 2007
Phoenix
Aínda non falei nada por estes lares do concerto que ofreceron no Summercase en Barcelona. Os máis frikis cando falan desta banda sempre fan unha breve mención de sabidillos sobor da relación que mantén un membro do grupo cunha famosa cineasta. Voltando ao tema. Baixo a miña opinión, impresionante. De feito, foi seguramente o meu concerto preferido. Escenario principal. Bandeiriña (é unha solución bastante económica e eficaz para cando nos se dispón dun kit festivais tipo Muse). Público, abarrotado e con ganas de escoitalos. Temazos. Presentando It's never been like that, Discazo. Comezaron tal cual o disco, con Napoleon Says. Seguiron e emocionaron. O certo é que viñan con ganas de facer un bo concerto e conseguírono. Na lista dos triunfadores deste Summercase 07.jueves, julio 26, 2007
Veranito Charro '07
Moito pasou dende a última vez que escribín algo por eiquí. Deume tempo a pasar uns días nas Illas Cíes, ir a Barcelona ao Summercase (PHOENIX impresionantes), volta ao traballo, etc. De todo xa falarei en círculos máis íntimos. Este pasado fin de semana tiven a honra de hospedar na miña casa a uns bos amigos de Salamanca, a xentiña que tan ben me tratou en Antwerpen. Tan agradable é estar con eles que foron quen de convencerme para ir ver a Andrés Calamaro en Santiago de Compostela. Unha aperta e bicos para todos. Un día destes poño as fotos das Cíes. Deica.


Típica foto dun grupo INDIE (que pose CUS)
jueves, julio 05, 2007
Elvis Perkins
Pouco sei deste home, salvo que o seu nome faiche pensar nun principio noutro gran rockero. Música apropiada para estes días, bueno, para sempre. Un disco que rebosa optimismo cuberto de nostalxia. Guitarring beautiful. Vale a pena escoitalo, non vou enrrollarme a falar do que me parece este disco. O simple feito de que o recomende xa di moito do que me parece. Emile's Vietnam in the sky.
La OMEGA final
Nalgún lugar do planeta estará descansando Don Olegario logo dun longo e duro curso de ensinanzas cristiáns. Porque chegaron as VACATIONS ou o que é o mesmo, a omega final. Así vía il todo esto. Qué delirio de cura. Fai anos a estas alturas xa había algúns vascos pola vila e xa tiña vivido moito verán. Ata o momento non pasou ren. En definitiva, desfrutade das vacacións e o que non as teña, amigo éche o que hai. Where is your Vespino?
miércoles, julio 04, 2007
Pendente de reservar
lunes, junio 18, 2007
A Feira do 15

Seica o subcomandante Marcos publicou un libro con alto contenido erótico, non sabemos que opinará o seu agregado cultural na Gallaecia. Polo de pronto, hoxe podedes ver unha foto que levaba moito tempo gardada. Foi nunha festa de Radio Allariz que tivo lugar no Roi Xordo, o ano bufff, pode que no 2003 ou 2004, pero non estou seguro. Qué noite aquela! a loita da performance no show da feira. Pronto pensador con candelabri in testa o come le balinesi nei giorni di festa.
domingo, junio 17, 2007
..., pecché me dici sti parole amare?
Percha italiana de primeira. Canta Napoli. Con tanto rollo indie, popi folki, friki rock, apetece escoitar algo diferente, pero moito. Coñecidos de sobra son os meus xiros copernicanos no que a escoitar música nunha tempada se refire. Se fai uns meses empapeime de música francesa esta semana tocoulle ós amigos da pizza. Canzoni Napoletane. Venlle ben á cabeza evadirse do de sempre. Roberto Murolo, Renato Carosone, Marino Marini, ... Agora que chega a calor veraniega apetece sacar do taller o Vespino e poñelo a correr. Non lle viña mal ao corpo botar unha tempada en San Remo.sábado, junio 02, 2007
sábado, mayo 26, 2007
Cutty Sark
domingo, mayo 20, 2007
DNTEL - Dumb Luck
Esta semana escoitaremos o novo traballo de Mr. Umbrella. Estou a falar de DNTEL, Jimmy Tamborello, James Figurine, The Postal Service. O disco pinta moi ben na onda indietrónica que tan bos resultados lle ten dado. Colaboracións de luxo como a de Mia Toi Dodd, Lali Puna ou Jenny Lewis. Xa falaremos máis adiante. Escoitádeo.
martes, mayo 08, 2007
Refrigerante de Carqueixa
O Sábado pasado tiven o pracer de desfrutar do maravilloso ambiente do festival da lingua no campus de Ourense. Organizado pola Esmorga, asociación da que xa vos falei en máis de unha ocasión. Topei coa gran compaña dos amigos Cabanelas, María, Noelia e o profesor Estraviz.No mes de Maio organizan un ciclo de cinema e discapacidade que terá como colofón final a actuación de Xerome Rock, grupo no que militan cinco persoas con grandes capacidades musicais. Ide a velos e disfrutádeo.
lunes, abril 30, 2007
Who the fuck are arctic monkeys ?

Cando se trata de coñecer un grupo novo sempre intento manterme nun segundo plano da emoción colectiva pola descuberta brillante. Os Arctic Monkeys desde o orincipio non foron unha gran sensación na miña vida. En fin, que non me apaixoaban. Nunha tenda de discos de Amberes, chamada Fat Kat Records, merquei varios vinilos, entre eles o famosísimo EP Who the fuck are Arctic Monkeys? por 5 euros. Xa na tranquilidade do fogar, puiden disfrutalo. Escoitádeo.
Despair in the departure lounge
It's one and they'll still be around at three
No signal and low battery
What's happened to me
It's one and they'll still be around at three
No signal and low battery
What's happened to me
Festa do traballo
El 21 de junio de 1886, ocho líderes laborales (Parsons, Spies, Fielden, Schwab, Fischer, Lingg, Engle y Nebee) fueron acusados de conspiración para asesinato por la explosión de la bomba que mató al policía. El juicio, que condenó a siete de ellos a morir ahorcados y a uno a 15 años de cárcel, estuvo plagado de mentiras e incluso el fiscal llegó a pedir al jurado: “Castigue a estos hombres, haga un ejemplo de ellos, cuélguelos y salve nuestras instituciones”. Todo porque reinvidicaban a xornada laboral das 8 horas.Así comezou todo.
Fonte: sepiensa.org.mx

Suscribirse a:
Entradas (Atom)










O certo é que este blog semella por veces abandoado. Velaí van unhas imaxes das miñas últimas aventuras. Escapada a Salamanca e ruta ecoloxista pola Saínza.