Desaparecen os avións, ou case, porque aparcados nos andéns dos aeroportos non sirven para nada. Se cadra é un aviso máis do planeta, se cadra non para de botar merda os próximos mil ou sete mil anos. Quen o sabe? Se xa tíñamos pouco, "TOMA MORENA!!!". Ícaro desperta do seu dulce soño. Desperta con banda sonora orixinal composta por Sigur Ros. Haberá que volver desempolvar do caixón dos enxeñeiros os planos do máis extravagante e friki invento de navegación aérea, o maravilloso e ultrasnob ZEPELÍN.
Outra posible solución, sería que os xaponeses liberasen dunha maldita vez a patente da Nube Kinton.
Un día voltando do traballo, escoitando Asuntos Propios, Javier Limón contáballe a Tom e Toni Garrido o emocionado que se sentía cada vez que escoitaba a esta fadista. E digo fadista e non cantante porque pra ser o primeiro hai que telos moi ben postos. O bo de que sexa portuguesiña e non da Angola é que actúa moito no país veciño e sempre hai máis posibilidades de poder escoitala ao vivo.
... pero terían que ter un panel informativo que os acreditase como tal. Porque semella que aínda queda esperanza pra crer nalgunha xente, polo menos esa foi a impresión (grata) que me causou José María Mendiluce. "El amor armado" (Planeta, 1999), un libro que fala sobre a vida, nobres principios e un compromiso inalterable e permanente. Soupen del de casualidade, buscando outro.
El agua y el fuego. La sombra y la luz. El día y la noche son como la juventud y la vejez, parecen muy diferentes pero en realidad no lo son. La juventud es el pasado de la vejez y la vejez es el futuro de la juventud. Una nueva mujer llegó al Harem ...
Xa facía tempo que non escoitaba esta canción. Weather Report, inigualables e todos o sabemos. Heavy weather pode dicirse que foi o disco que os catapultou máis se cadra. Esta balada atópase nese LP. Un disco atípico. Xa a súa portada o é. Un discazo. Jaco Pastorius no seu mellor momento, polo menos aínda non estaba perdido e nótase. Esta noite toca escoitalo máis dunha vez.
Unha perla. Voulle adicar esta entrada ó meu irmao, porque imaxino que lle gustará, moi na liña dos Postal Service e a belísima Imogen Heap. No videoclip de Fireflies (exitazo number 1 in the USA) saen mogollón de cacharros pero hai un que lle serviu a E.T. para comunicarse cos seus parentes máis cercanos. Falo do mítico Speak and Spell, un xoguetiño laranxa co que se divertían os nenos angloparlantes de medio mundo, por certo, moi educativo. O de sempre, a escoitalo e a ser máis felices.
Grandes recordos. Espinete e compañía. Esta canción en especial era a miña preferida. Non a escoitaba dende que tiña 6 ou 7 anos pero aínda recordaba perfectamente a súa melodía.
Os estudiantes daneses poderán usar Internet nos exames finais. Non obstante, prohibido chatear e enviar mensaxes. Que avanzados son os países nórdicos. Permitirase algún día nas oposicións? Se cadra, con este sistema, moito inepto con plaza a dedo non aprobaría. Ánimo Dinamarca.
A miña pequena recomendación ó xuíz do tribunal para os crimes de guerra da antiga Yugoslavia. Proxectar en pantalla grande e se é posible en 3D este documental. Que oportuno tamén que o xuizo sexa en Holanda, volverá pasar o mesmo?
A primeira vez que escoitei o nome deste grupo foi pola boca de Fernadisco, vai ti saber cando, presentando a súa famosa lista de éxitos. O caso é que de forma inesperada un disco deste famoso dúo chegou ás miñas mans esta fin de semana. Idlewild é o traballo, xa do ano 1988. En canto cheguei a casa púxeno no plato. Ás veces pasa, que tes unha pila de discos e tes que escoller un. Ás veces pasa que ese vinilo que comezas a escoitar faiche DIOSSSS, discazo. E non o esperas. E mellor que non tiveras previsto facer algo porque tes que escoitalo e deixar aparcado todo aquelo que tiñas planificado. Unha boa recomendación pra esta semana. Conseguide, polo medio que consideredes mellor, este discazo. Escoitádeo e a ser un pouco máis felices.
Con esto da trama corrupta do PP fálase moito de El Bigotes, pobre homiño, será coñecido o resto da súa vida por ese alcume. El Bigotes compró esto, el bigotes hizo lo otro, el bigotes está con una mamachicho, el bigotes le compró un reloj de veintemil euros a fulanito, joder co Bigotes, xa lle vale.
Preguntarédesvos a que ven esto, pois vai a que hoxe reflexionei sobre o Bigotes e sobre a xente que o leva. Cando lle preguntas a un home por qué o leva, a resposta case sempre é unánime, que si foi na mili, que si estaba de moda, que se sempre o levou e que non se fai a estar sin il. E é que non hai un cambio máis chamativo na imaxe dunha persoa. Quen non recorda o afeitado de bigote dun ser querido.
E todo esto ven a que hoxe un amigo me dixo que ía por unha canción de Queen. O primeiro que dixen, joder ten tela, creo que Freddie Mercury foi e será a única gran estrela do rock que tiña mostacho. Algúns din que si por modas, que se porque tiña uns dentes moi grandes. Fixo unha imaxe forte e en parte triunfou por eso, por ser un Bigotes.
Nota: Charly García, rockero arxentino tamén é un bigotudo, pero non o podo considerar unha estrela planetaria.
Outra peli 100 % recomendada. Últimamente estamos de ciclo de cinema de Ozpetek e de ahí non saímos. Neste caso a peli está no decálogo das que fai Ferzan sobre as relacións humanas, sempre atípicas e fascinantes. Se che gustou El Hada Ignorante esta tamén vai ser o caso. Xa estou desexando ver o novo que fixo.
Unha das cantantes máis populares que deu Xeorxia, polo menos que eu coñeza. Lela Tsurtsumia, unha delicia que chegou ós meus oídos da man dun amigo. En tódolos campos musicais nos que se mete consegue emocionar.
Increible pérdida. Algúns xa se estarán frotando as mans coa súa morte. Comezando polos mortos de fame que pensan que van poder pagar as súas vacacións a costa da venta dos seus vinilos. Hoxe botei unha ollada no portal segundamano.es e alucinei. Cómo pode alguén pensar que lle van pagar 1.000 € por un vinilo de Michael? Se vendeu discos como churros. Tódalas casas teñen discos del. Claro que á morte dun artista a súa obra se revaloriza, pero por deus, Thriller vendeu máis de 100 millóns de copias, non entrarían nin en tódolos pisos que construiu o Pocero. En referencia a Michael, como artista, incuestionable.
Breve momento do concerto que fixo Russian Red en Ourense. Teño que recoñecer que era pra ir e finalmente non fun por pura vagancia. Este Sábado 25 de Abril asistín ó concerto que deu en Santiago e vamos, moi ben, unha delicia.
Se alguén aínda pensa que esto da crise é cousa de bancos e ladrillos, que aterrice. Esta xa tocou a tódalas actividades comerciais e está claro que todo aquelo que supoña ocio e gastos que non sexan de primeira necesidade van pasalas canutas. Onte mesmo entereime do peche definitivo de Sinnamon. Saber sabíamos que as cousas non podían ir ben cando fai uns meses foi aunciada a cancelación do Summercase, pero nunca puiden querer imaxinar que pasase o mesmo con Sinnamon Records. Unha pena, porque discográficas que aposten por esta música son poucas de encontrar. A eles tocoulles por partida doble, por un lado a crise económica e por outro a devacle e crise creativa - comercial do movemento indie que en dous anos xa non é a metade do que era. Pese a todo o seu catálogo permanece.
Entrada a Benposta ,"Ciudad Feliz" que albergaba o xa mítico Circo de Los Muchachos. Quen sendo neno non quixo vivir nesta república independente de fantasía?
Estrea mundial no Play - Doc, Tui. O xoves 19 de Marzo ás 12:00 h do mediodía. Moitas ganas teño xa de ver este documental, de feito ata aparezo nos créditos de agradecementos. Mulleres da raia and Palmira Power Generation.
Con sorte, o inxenio do Pototo, os coñecementos acústicos de SONEN e se a crise non termina con nós antes, algún día a palleira da miña casa será algo así.
sábado, febrero 07, 2009
Porque ás veces apetece voltar escoitar o que a un máis lle gusta. We're on our way home.
Xa vos falei algunha vez desta empresa, SONEN, especialistas en acústica, algo tan olvidado e tan necesario nas nosas vidas. Na miña non digamos. Unha aperta para eles e esperemos que a xente lle de unha oportunidade á acústica e á calidade agora que a temos tan preto de nós.
1 de Xuño. Santiago de Compostela. As entradas xa se venden en http://www.servinova.com/ a un módico prezo de 28 €. Non sei como facemos, pero en Galicia os concertos sempre son máis baratos.