Domingo 26 de Agosto. A festa da Istoria de Ribadavia xa pasou á historia. Qué preguiza ter que erguerse ás 9 da mañán pra ir ao Courel. Paga a pena polo que di o compañeiro Bobillo. Dirixímonos a Vilardesilva. Terra da que procede algunha que outra alaricana histórica. Concello de Rubiá, pegadiños ás Médulas. Grazas ás inclemencias do tempo hai algunha que outra baixa na expedición o que nos deixa sitio libre a min e ao meu irmán. Saímos ás 10:30. Aínda non sabemos o que nos imos atopar. Tan só que imos á casa do irmao da Ludi. Paco. Artista e mestre do Clown que triunfa internacionalmente e que ten como sede principal a cidade de Berlín. Na súa casa Chao do Prao está a desenvolver un Workshop con artistas de todo o mundo. Franceses, alemáns, galegos, italianos e do Brasil, ... Atópome de súpeto nunha nube na que se respira o arte por tódolos recunchos. Unha trapecista, un acordeonista, clowns, actores. Unha comunidade internacional de arte. Xa levan unha semana de traballo e aínda lle quedan dúas. Polo medio, con sorte, e se os nosos políticos (inmersos no espellismo do ladrillismo e de La Vuelta Ciclista) dan unha oportunidade á cultura de calidade e auténtica, poderémolos ver actuando en Allariz.
domingo, agosto 26, 2007
lunes, julio 30, 2007
Phoenix
Aínda non falei nada por estes lares do concerto que ofreceron no Summercase en Barcelona. Os máis frikis cando falan desta banda sempre fan unha breve mención de sabidillos sobor da relación que mantén un membro do grupo cunha famosa cineasta. Voltando ao tema. Baixo a miña opinión, impresionante. De feito, foi seguramente o meu concerto preferido. Escenario principal. Bandeiriña (é unha solución bastante económica e eficaz para cando nos se dispón dun kit festivais tipo Muse). Público, abarrotado e con ganas de escoitalos. Temazos. Presentando It's never been like that, Discazo. Comezaron tal cual o disco, con Napoleon Says. Seguiron e emocionaron. O certo é que viñan con ganas de facer un bo concerto e conseguírono. Na lista dos triunfadores deste Summercase 07.jueves, julio 26, 2007
Veranito Charro '07
Moito pasou dende a última vez que escribín algo por eiquí. Deume tempo a pasar uns días nas Illas Cíes, ir a Barcelona ao Summercase (PHOENIX impresionantes), volta ao traballo, etc. De todo xa falarei en círculos máis íntimos. Este pasado fin de semana tiven a honra de hospedar na miña casa a uns bos amigos de Salamanca, a xentiña que tan ben me tratou en Antwerpen. Tan agradable é estar con eles que foron quen de convencerme para ir ver a Andrés Calamaro en Santiago de Compostela. Unha aperta e bicos para todos. Un día destes poño as fotos das Cíes. Deica.


Típica foto dun grupo INDIE (que pose CUS)
jueves, julio 05, 2007
Elvis Perkins
Pouco sei deste home, salvo que o seu nome faiche pensar nun principio noutro gran rockero. Música apropiada para estes días, bueno, para sempre. Un disco que rebosa optimismo cuberto de nostalxia. Guitarring beautiful. Vale a pena escoitalo, non vou enrrollarme a falar do que me parece este disco. O simple feito de que o recomende xa di moito do que me parece. Emile's Vietnam in the sky.
La OMEGA final
Nalgún lugar do planeta estará descansando Don Olegario logo dun longo e duro curso de ensinanzas cristiáns. Porque chegaron as VACATIONS ou o que é o mesmo, a omega final. Así vía il todo esto. Qué delirio de cura. Fai anos a estas alturas xa había algúns vascos pola vila e xa tiña vivido moito verán. Ata o momento non pasou ren. En definitiva, desfrutade das vacacións e o que non as teña, amigo éche o que hai. Where is your Vespino?
miércoles, julio 04, 2007
Pendente de reservar
lunes, junio 18, 2007
A Feira do 15

Seica o subcomandante Marcos publicou un libro con alto contenido erótico, non sabemos que opinará o seu agregado cultural na Gallaecia. Polo de pronto, hoxe podedes ver unha foto que levaba moito tempo gardada. Foi nunha festa de Radio Allariz que tivo lugar no Roi Xordo, o ano bufff, pode que no 2003 ou 2004, pero non estou seguro. Qué noite aquela! a loita da performance no show da feira. Pronto pensador con candelabri in testa o come le balinesi nei giorni di festa.
domingo, junio 17, 2007
..., pecché me dici sti parole amare?
Percha italiana de primeira. Canta Napoli. Con tanto rollo indie, popi folki, friki rock, apetece escoitar algo diferente, pero moito. Coñecidos de sobra son os meus xiros copernicanos no que a escoitar música nunha tempada se refire. Se fai uns meses empapeime de música francesa esta semana tocoulle ós amigos da pizza. Canzoni Napoletane. Venlle ben á cabeza evadirse do de sempre. Roberto Murolo, Renato Carosone, Marino Marini, ... Agora que chega a calor veraniega apetece sacar do taller o Vespino e poñelo a correr. Non lle viña mal ao corpo botar unha tempada en San Remo.sábado, junio 02, 2007
sábado, mayo 26, 2007
Cutty Sark
domingo, mayo 20, 2007
DNTEL - Dumb Luck
Esta semana escoitaremos o novo traballo de Mr. Umbrella. Estou a falar de DNTEL, Jimmy Tamborello, James Figurine, The Postal Service. O disco pinta moi ben na onda indietrónica que tan bos resultados lle ten dado. Colaboracións de luxo como a de Mia Toi Dodd, Lali Puna ou Jenny Lewis. Xa falaremos máis adiante. Escoitádeo.
martes, mayo 08, 2007
Refrigerante de Carqueixa
O Sábado pasado tiven o pracer de desfrutar do maravilloso ambiente do festival da lingua no campus de Ourense. Organizado pola Esmorga, asociación da que xa vos falei en máis de unha ocasión. Topei coa gran compaña dos amigos Cabanelas, María, Noelia e o profesor Estraviz.No mes de Maio organizan un ciclo de cinema e discapacidade que terá como colofón final a actuación de Xerome Rock, grupo no que militan cinco persoas con grandes capacidades musicais. Ide a velos e disfrutádeo.
lunes, abril 30, 2007
Who the fuck are arctic monkeys ?

Cando se trata de coñecer un grupo novo sempre intento manterme nun segundo plano da emoción colectiva pola descuberta brillante. Os Arctic Monkeys desde o orincipio non foron unha gran sensación na miña vida. En fin, que non me apaixoaban. Nunha tenda de discos de Amberes, chamada Fat Kat Records, merquei varios vinilos, entre eles o famosísimo EP Who the fuck are Arctic Monkeys? por 5 euros. Xa na tranquilidade do fogar, puiden disfrutalo. Escoitádeo.
Despair in the departure lounge
It's one and they'll still be around at three
No signal and low battery
What's happened to me
It's one and they'll still be around at three
No signal and low battery
What's happened to me
Festa do traballo
El 21 de junio de 1886, ocho líderes laborales (Parsons, Spies, Fielden, Schwab, Fischer, Lingg, Engle y Nebee) fueron acusados de conspiración para asesinato por la explosión de la bomba que mató al policía. El juicio, que condenó a siete de ellos a morir ahorcados y a uno a 15 años de cárcel, estuvo plagado de mentiras e incluso el fiscal llegó a pedir al jurado: “Castigue a estos hombres, haga un ejemplo de ellos, cuélguelos y salve nuestras instituciones”. Todo porque reinvidicaban a xornada laboral das 8 horas.Así comezou todo.
Fonte: sepiensa.org.mx

miércoles, abril 25, 2007
25 de Abril
Hoxe toca un guiño ao país irmao. Portugal, un país a coñecer máis por sí que polas gangas en sábanas e toallas dos mercados de Valença do Minho. Tódolos anos sinto saudade de non estar nestas datas cos nosos amigos lusitanos celebrando a que é para min a revolución máis bonita. Este mércores día 25 emitirase na TVG ás 22:00 un concerto homenaxe sobre José Afonso grabado en Pontevedra (falaremos del máis extensamente outro día). www.aja.pt
En internet podedes atopar moitas historias sobre a revolución e os seus protagonistas. Estando xa fai moitos anos en Santarém puiden coñecer un dos lugares emblemáticos de onde saíu a columna que encabezou a marcha hacia Lisboa. SEMPRE ABRIL. Este mes é dos meus preferidos, non só polas datas que se conmemoran. Florece o monte e respírase unha primaveira especial. Aínda que chova os días son bonitos.
O levantamento militar do dia 25 de Abril de 1974 derrubou, num só dia, o regime político que vigorava em Portugal desde 1926, sem grande resistência das forças leais ao governo, que cederam perante o movimento popular que rapidamente apoiou os militares. Este levantamento é conhecido por 25 de Abril ou Revolução dos Cravos. O levantamento foi conduzido pelos oficiais intermédios da hierarquia militar (o MFA), na sua maior parte capitães que tinham participado na Guerra Colonial. Considera-se, em termos gerais, que esta revolução devolveu a liberdade ao povo português (denominando-se "Dia da Liberdade" o feriado instituído em Portugal para comemorar a revolução).
"María nacida no monte á beira da estrada"
lunes, abril 23, 2007
L'autre bout du monde
lunes, abril 16, 2007
domingo, abril 15, 2007
Toquinho

Lenda viva da música do Brasil. Non creo que sexa capaz de nomear tódolos discos nos que grabou, sae ou é o artista principal (máis de 70 lp's) Este guitarrista paulista vai visitar a cidade de Ourense o día 25 de Abril (grandola vila morena). Actuará no auditorio da cidade. Maravilla porque así non hai que pelexar para conseguir as entradas. Alí estarei.
"Há um grande espírito de porco
Porque hoje é sábado
Há uma mulher que vira homem
Porque hoje é sábado
Há criançinhas que não comem
Porque hoje é sábado
Há um piquenique de políticos
Porque hoje é sábado"
Vinícius de Moraes
Hohner Chrometta 12
martes, abril 10, 2007
Semana Santa '07
Un ano máis, a semana santa de Allariz. Moito turista e moito amigo co que reencontrarse.
martes, abril 03, 2007
Arctic Monkeys en Vigo
"O grupo inglés Artic Monkeys actuará en Vigo o próximo 19 de xullo. O concerto terá lugar no parque municipal de Castrelos, dous días antes de que a banda de Sheffield se suba ao escenario do Festival Internacional de Benicassim."
Antes tamén, CAMERA OBSCURA, 0 28 de Abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela.Fonte www.lavozdegalicia.es
Semana Santa e máis
Esto en Allariz significa rencontro "no espacio e no tempo" (wholio de lobeira) co ocio, amigos e resto de emigrados. Concertiños pola rúa e no Roi Xordo. Un ano máis e xa van bastantes, o noso camarada Xián Bobillo empéñase en darlle un toque especial á sacra semana. Un toque dos que moitos intentan beneficiarse sen dar un pao á auga e sen agradecer tan artesanal traballo. Qué se lle vai facer, éche o que hai. Anunciado a bombo e platillo cunha sordina de secretismo, "iste ano no boi hai un concerto do Xacobeo", todos imaxinaban ou uns Red Hot Chili Peppers ou os Chemical Brothers, a que si?. Pois mal. Rumoréase que na festa do boi veñen Milladoiro ou Los Suaves. Por certo, o antigo batería deste grupo, o lexendario Gelo agora vive en Allariz. Pois ben amigo, esto é o que hai. Non está nada mal se o comparas co que temos nos arredores, pero en fin.
Se queres ver bos concertos xa sabes, ou esperas a que en Vigo repesquen algo de benicassim no mes de xullo ou marchas directamente a benicassim. Iste ano é impresionante. O meu admirado de por vida Antony Hegarty cos seus Johnsons, Wilco, MUSE, Herman Düne (discazo discazo discazo), Sondre Lerche, The B 52's (loooove shock), Arctic Monkeys, Camenra Obscura, etc etc.. O meu irmao e Claire xa teñen os bonos. Benicassim é moito. Aaahhh e Calexico. Faría atención especial a Herman Düne, encántame o seu lp, un dos discos do ano.


Máis información en breve.
viernes, marzo 30, 2007
Colorín Colorado
COLOURS ARE BRIGHTER. Disco, cando menos curioso, bonito, ben coidado e de gran calidade. Composto por temas de xente tan destacada como Franz Ferdinand, The Divine Comedy, Belle and Sebastian, Snow Patrol, The Kooks, Half Man Half Biscuit, etc... Música infantil para un público maduro. Curioso. Se tivese que enviar unha canción deste disco nunha nave espacial con dirección descoñecida, o gran Neil Hannon e a súa divina comedia terían o privilexio.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)








O certo é que este blog semella por veces abandoado. Velaí van unhas imaxes das miñas últimas aventuras. Escapada a Salamanca e ruta ecoloxista pola Saínza.
